15/09/21

A CIG reitera a solicitude de aplicación do incremento retributivo do 0,9% antes de iniciar as accións correspondentes pola inaplicación deste dereito do Persoal

A CIG vén de lle reiterar onte por rexistro ao Concello de Betanzos que debe aplicar o incremento retributivo do 0,9% do ano 2021 e pagar os atrasos correspondentes de inmediato ou, do contrario, verase na obriga de iniciar as accións legais oportunas tendo en conta que o persoal laboral só ten dereito a un ano de atrasos no caso de retribucións e se o Concello non pagase proximamente podería perder dereitos por culpa da mala xestión en Persoal do Concello.

Dous anos sen actas nas mesas de negociación

 A CIG solicitou onte por rexistro os borradores das actas das mesas de negociación, xa que desde o ano 2019 o Concello de Betanzos leva sen someter a aprobación ningunha cando deberan aprobarse en cada nova reunión. O Concello de Betanzos leva seis reunións sen presentar nin someter a aprobación as actas correspondentes e dificulta o coñecemento dos acordos adoptados. En varias ocasións tamén a CIG solicitou certificacións dos acordos adoptados e Concello de Betanzos tampouco llos facilitou.


Convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión de intervención no Concello de Betanzos

 

Convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión de contratación e persoal no Concello de Betanzos